viernes, 29 de septiembre de 2023

¡EXCELENTE CRÍTICA EN FARO DE VIGO!

Arranco un otoño con muchas cosas emocionantes y esperadas, pero desde luego esta no lo era. El pasado jueves día 21 salió una crítica sobre mi poemario CALIDOSCOPIO en el suplemento cultural del diario Faro de Vigo, suplemento que se edita a nivel Galicia.

La crítica es de Héitor Mera y ¡es muy positiva! Aquí va una foto de la página y el texto, por si no se lee bien. Grazas Héitor!


























Esgazando os sentimentos

 Unha poesía que envolve  

_________________________

Héitor Mera


Conchi da Silva, poeta xa coñecida, preséntanos o seu primeiro poemario en galego. Esta cuestión non é menor pois serve para facer mención arredor do primeiro poema do libro no que, con valentía e coherencia, ilustra esa decisión que tantas persoas toman nun momento dado da súa vida. Fronte á presión social, ese paso para distinguirnos en galego. O tal poema é merecente de servir de recurso-exemplo en calquera clase de Lingua e literatura do País.

E no que atinxe ao resto do poemario dicir que, como deixamos entrever, da Silva esgaza os seus sentimentos, preséntaos con toda a crueza ou tenrura, segundo sexa o momento, tratando os temas que poderíamos ter como típico-tópicos cunha personalidade e afouteza sorprendente. Así non foxe dos amores tóxicos (nin dos amores fermosos...), non foxe dos sentimentos negativos que a fan dubidar, expón cada unha das posibilidades do seu discurso poético coa expansión e perspectivas dun, claro está, calidoscopio que expande a mirada.

O sentimento de dúbida e valentía ao que fixemos referencia vense reforzados por un resultado notable cunha poesía que nos envolve. Desde o punto de vista formal tende a combinacións estróficas clásicas, de arte menor. As posibilidades do ritmo que experimenta vense acompañadas por unhas metáforas e imaxes dunha forte carga semántica, apoiadas no matiz, nas sensacións que mesturan eses recursos cunha transparecia absoluta na mensaxe última, poetizada coa habelenza de quen ten un talento innato e unha aprendizaxe e coñecemento teórico sólido.

Os poemas percíbense como unha introspección íntima, a reflexión continua sen ningún tipo de valado. Sobranceamos esta cuestión polo tratamento serio, cru e sorpresivo que lle dá a cuestións tan íntimas e ao tempo tan universais. Sen dúbida este poemario rezuma honestidade, non é un xogo de posibilidades líricas posibles, mais non reais; moi pola contra, como moita da grande poesía, lévanos á reflexión, á empatía vivísemos ou non experiencias vitais semellantes.

A colección de poesía Barbantesa xa nos ten agasallado con algúns poemarios interesante de vez. É xusto facer mención non só das autoras e autores, senón tamén daquelas persoas que, co seu criterio editorial, son quen de argallar unha colección de poesía tan sólida coma esta. Os proxectos e traxectorias tamén deben ser recoñecidos.


CALIDOSCOPIO (2023): Conchi da Silva. Barbantesa (Cangas).